martes, 20 de decembro de 2022

Sementando Bondade

 

Boas familias!

Chega o Nadal, unha época de consumo desmesurado. E é por iso, que dende a escola queremos facer reflexionar a cativada e ás familias sobre a necesiade de deterse en pequenas accións que poden facer mudar dalgún xeito mudar o mundo.

Baseándonos na película Estadounidense “Cadena de Favores” gustaríanos facer a nosa propia cadea.

Desta idea nace “SEMENTAR BONDADE”.

Esta proposta non ten outro fin que facer sentir ben a outra persoa que o necesite dalgún xeito. Algúns exemplos de accións poderían ser:

-        -   Facer sorrir a alguén que o necesite.

-         -  Pasar tempo cos nosos maiores.

-         -  Facer un debuxo e regalarllo a aquel veciño ou veciña que sempre ten boas verbas con nos.

-          - Ceder a nosa quenda a alguén que vai con presa a compra.

-          - Ofrecer algo quente a aquela persoa sen teito pola que pasas a miúdo.

-          -  Falar con alguén que fai tempo que non o fas.

-       - Realizar un troco de contos/libros na túa comunidade ou simplemente regalar os contos/libros que xa non empregas.

-          -  Dedicar unas verbas de agradecemento.

-         - E un largo etcétera. Non dubidamos que seguro se vos ocorren moitísimas máis accións.

Cada familia terá 2 tarxetas que poderá entregar ás persoas beneficiarias das súas boas accións. Non se trata de obter nada a cambio, senón de SEMENTAR BONDADE!




Lembrade que non é obrigatorio pero recordade que un pequeno xesto pode facer moi feliz a alguén!

No Nadal e no resto do ano, non se trata de obter moitos agasallos senón poder sentilos. Isto o resume moi ben a cita de  Antoine de Saint-Exupéry “O ensencial é invisible os ollos”.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...