Cada vez queda menos para o día das Letras Galegas; sería bo que a obra de Lois Pereiro coma de moitos outros escritores aos que se lle adicou tal efeméride, sobrevivise ao día.
Un poema mais do poeta na súa voz.
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
á miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario