Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2011. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de febreiro de 2012

De Lois Pereiro a Paz Andrade

Actualizando o blogue co novo persoeiro das Letras deste ano, publicamos aquí este audio de Lois Pereiro para que non vos esquezades.
Como sabedes, as Letras 2012 adícanse a VALENTÍN PAZ ANDRADE, polo que xa iremos preparando cousiñas sobre a súa figura.

Lois
: En Lisboa en Sligo Dublín :

sábado, 7 de maio de 2011

POSTFUNKDEIRADA

Fanny & Alexander no seu disco "Finais dos 70s, comezos dos 80s" facían esta interesante versión dun poema de Lois Pereiro. Un tema que sigue a estela musical do grupo alemán Krafterwark e que poderedes descargar dende Regueifa.net

LOIS PEREIRO NA SÚA VOZ

Cada vez queda menos para o día das Letras Galegas; sería bo que a obra de Lois Pereiro coma de moitos outros escritores aos que se lle adicou tal efeméride, sobrevivise ao día.
Un poema mais do poeta na súa voz.
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
á miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

martes, 29 de marzo de 2011

MUNDO LOIS

MUNDO LOIS xorde da idea de Antón Reixa, amigo persoal do autor Lois Pereiro. de elaborar un espectáculo escénico cun importante peso audiovisual que universalice, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética de Lois.

luns, 28 de marzo de 2011

LOIS PEREIRO: DOCUMENTAIS

Como tódolos anos, dende o CPI de Dices no concello de Rois elaboran un estupendo traballo documental en video sobre a figura á que lle adican o día das Letras Galegas.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...