mércores, 24 de febreiro de 2021

24 febreiro, día de Rosalía!

Os pitiños, formiguiñas e dinos quixeron realzar a figura de Rosalía por todo o alto. Con moito mimo e tesón elaboraron as propostas plantexadas para conmemorar a figura de Rosalía. 
A continuación amosamos un recopilatorio de instantáneas das tres aulas.











Biblioteca de Familias!

Grazas pola acollida de préstamos de familias!

Premendo na imaxe amplíanse as istrucións e forma de proceder para a elección de libros!

Recordamos que NESTE ENLACE tedes acceso o noso catálogo. O longo dos días modificarémolo posto que estamos a recibir novidades.

Un saúdo

Reflexión sobre a Paz!

Para conmemorar o día da paz este ano enchemos a nosa escola de cor e verbas que nos evocan "Paz".
Amor, diálogo, respecto, reflexión, sonriso... foron alguhas das palabras escollidas! Desexos de voltar ás apertas e os bicos, de que desapareza o COVID entre outros moitos. 

Nunha das cintas decantáronse por "Camiñemos xunt@s" e na nosa escola non podemos estar máis dacordo con este afirmación posto que en comunidade e empregando as palabras podemos chegar a fin do mundo. Isto lembranos a cita de Eduardo Galeano:

"Mucha gente pequeña, 
en lugares pequeños, 
haciendo cosas pequeñas 
pueden cambiar el mundo"


A paz é un tema recurrente na nosa biblio ao longo de todo o curso. Non se trata de algo puntual nin transitorio e para abordar dita temática dispoñemos dun amplo fondo de contos.







Anacos de vida na aula das pitas/os!

 


A lectura deste conto na aula serviu como punto de partida para traballar coas crianzas a conciencia social, e dicir, establecemos un diálogo sobre a importancia do respecto ás/ós iguais ao tempo que falamos do que nos identifica como persoas ( autoconcepto e aceptación dunha mesma/o). Fixemos fincapé en que o que nos diferenza é precisamente o que forma a nosa identidade, o que somos, e que en ningunha situación debe ser motivo de burla, menosprezo ou humillación. 
Realizamos unha serie de actividades que tiveron como obxectivo tomar conciencia do eu, das nosas/os iguais... Do común e do único; dun xeito creativo e respectuoso, comentando en grupo o resultado das producións. 

Diálogo coas crianzas sobre os trazos identificativos de cada unha/un:

- Escalo moi ben
- Teño o pelo moi  longo
- Tomo moitos doces
- Teño o pelo moi longo e levo coleta
- A miña cara
- Unha marca que só teño eu
- Tres manchas na perna
- Os meus ollos
- As miñas lentes
- Os picores
- Un lunar no dedo maimiño
- Son moi boa
- Son moi amable
- Sempre caio
 
Rasgos comúns:

- O corazón
- Os pulmóns
- Dous ollos
- Os pés
- Dúas orellas
- Unha cabeza
- Unha boca

Recreación da portada " Orellas de boloreta" (a súa visión de Mara):







Autorretratos en espello e traballando a simetría








Composicións con collage:



Figura humana con diferentes materiais:








O fermoso da diversidade das producións é que as crianzas puideron vivenciar a través da experiencia e a exposición en grupo, que cada elaboración é un reflexo delas mesmas e tamén unha forma de autocoñecemento e respecto dunha mesma e das outras/os.



O préstamo na aula dos Dinos!

Os venres para os dinos e o día da biblioteca. Aínda que o Covid non nós deixa ir a biblioteca, a biblioteca ven á clase. É un momento de calma para ver, escoitar , compartir ou contar historias... momentos en solitario ou en pequeno grupo... pero é unha boa maneira de rematar a semana .










sábado, 20 de febreiro de 2021

Biblioteca de Familias

 Poñemos á vosa disposición NESTE ENLACE o catálogo de libros que temos á vosa disposición na Biblioteca de Familias da escola.


Agora que estamos máis tempiño na casa, seguro que tedes máis momentos para adicarlle á lectura.

Botádelle un olliño aos libros que temos na escola e se queredes solicitar algún para préstamo, enviade un correo electrónico co título ao noso e-mail (eei.montedaguia@edu.xunta.gal), e enviarémolo polo voso fillo/a.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...