mércores, 24 de febreiro de 2021

Reflexión sobre a Paz!

Para conmemorar o día da paz este ano enchemos a nosa escola de cor e verbas que nos evocan "Paz".
Amor, diálogo, respecto, reflexión, sonriso... foron alguhas das palabras escollidas! Desexos de voltar ás apertas e os bicos, de que desapareza o COVID entre outros moitos. 

Nunha das cintas decantáronse por "Camiñemos xunt@s" e na nosa escola non podemos estar máis dacordo con este afirmación posto que en comunidade e empregando as palabras podemos chegar a fin do mundo. Isto lembranos a cita de Eduardo Galeano:

"Mucha gente pequeña, 
en lugares pequeños, 
haciendo cosas pequeñas 
pueden cambiar el mundo"


A paz é un tema recurrente na nosa biblio ao longo de todo o curso. Non se trata de algo puntual nin transitorio e para abordar dita temática dispoñemos dun amplo fondo de contos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...