A lectura deste conto na aula serviu como punto de partida para traballar coas crianzas a conciencia social, e dicir, establecemos un diálogo sobre a importancia do respecto ás/ós iguais ao tempo que falamos do que nos identifica como persoas ( autoconcepto e aceptación dunha mesma/o). Fixemos fincapé en que o que nos diferenza é precisamente o que forma a nosa identidade, o que somos, e que en ningunha situación debe ser motivo de burla, menosprezo ou humillación.
Realizamos unha serie de actividades que tiveron como obxectivo tomar conciencia do eu, das nosas/os iguais... Do común e do único; dun xeito creativo e respectuoso, comentando en grupo o resultado das producións.
Diálogo coas crianzas sobre os trazos identificativos de cada unha/un:
- Escalo moi ben
- Teño o pelo moi longo
- Tomo moitos doces
- Teño o pelo moi longo e levo coleta
- A miña cara
- Unha marca que só teño eu
- Tres manchas na perna
- Os meus ollos
- As miñas lentes
- Os picores
- Un lunar no dedo maimiño
- Son moi boa
- Son moi amable
- Sempre caio
Rasgos comúns:
- O corazón
- Os pulmóns
- Dous ollos
- Os pés
- Dúas orellas
- Unha cabeza
- Unha boca
Recreación da portada " Orellas de boloreta" (a súa visión de Mara):
Autorretratos en espello e traballando a simetría
Composicións con collage:
Figura humana con diferentes materiais:
O fermoso da diversidade das producións é que as crianzas puideron vivenciar a través da experiencia e a exposición en grupo, que cada elaboración é un reflexo delas mesmas e tamén unha forma de autocoñecemento e respecto dunha mesma e das outras/os.
Ningún comentario:
Publicar un comentario