martes, 28 de decembro de 2021

Contacontos de Nadal con Anna

Unha actividade chulísima coa que descubrimos como se festexa o Nadal en distintos lugares do mundo. Graciñas, Anna!!

luns, 20 de decembro de 2021

Recomendacións de Lectura para o Nadal!

Colección
"Do Berce a Lúa". Recomendación para Pre-Lectura.

Contos en Castelán
Malena Ballena (Inclusión), Lota la Cachalota (Coidado do Medio ambiente) e Juego de letras.

Libros de Consulta
en Castelán.

Contos en Galego
Cores no Mar (Poesía), Xa vooou! (Responsabilidade) e as Formiguiñas Filandeiras (Cooperación/equipo).

Contos en inglés

Biblio de Familias

Bo Nadal e boas lecturas!

A árbore dos desexos

Baseándonos no "Wish Tree" de Yoko Ono quisemos facer a nosa propia árbore dos desexos.

Yoko Ono e unha auténtica performer da arte, que sorprende coas súas obras e creacións extraordinarias que escapan do convencional. 

Adaptando a súa iniciativa do "Wish Tree" quisemos recoller os desexos das familias da nosa escola. É emocionate ler cada un dos desexos, e resaltar a  importancia que lle dan as familias, o ben común. 

Unha mensaxe concurrente e a de "Ojalá termine el Coronavirus"... din que se un desexo se conta xa non se cumpre. Nos queremos pensar que se o desexamos tod@s xunt@s e con moita forza e ilusión chegará por cumprirse.

Felices Festas!













"O capricho do pequeno Faraón"

Asun, a mamá de Laura, viu a escola a contar un conto con marionetas titulado "O capricho do pequeno Faraón". 

Actividade que coincidiu co final do proxecto do Antigo Exipto.

As Formiguiñas estiveron encantadas de recibir a visita, e en especial Laura, que estaba chea de ledicia.

Moitas grazas pola implicación e colaboración!







Contos en familia!

Karolina, a mamá de Alía viunos a contar unha historia real que lle pasou a seu avó. Él era maquinista de tren e nunha ocasión tivo unha experiencia aterradora cunha manada de Lobos en pleno bosque. Os nenos e nenas de 5 anos estaban abraiad@s durante todo o relato.

Grazas pola participación!







Ademais tivemos a sorte de contar cunha mini-espectadora, Leila, a irmá pequena de Alía. As formiguiñas estaban encantadas!!!!

"A árbore da sabiduría"

Na aula das formiguiñas iniciamos a conta atrás para as vacacións de nadal coa "Árbore da sabiduría".

Aproveitamos a proposta por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do reto "21 días falando galego" para continuar potenciando a nosa lingua. 

A árbore conten 21 paquetes que ten como agasallo unha palabra en galego. Cada día en asamblea buscaban o número correspondente e o abrian. Deste xeito fomentamos a adquisición de vocabulario en galego a vez que traballamos lóxica matemáticas.










A Biblio como fonte de información!

Os nenos e nenas de 5 anos, neste primeiro trimestre do curso, estiveron inmersos/as nun proxecto sobre "O Antigo Exipto". 

Na biblioteca da escola temos a sorte de contar con numerosos exemplares que abordan esta temática, e este feito, pode ser a principal razón pola que as formiguiñas tiñan tanto interese e motivación por dito tema.

A pesar de contar con gran variedade de fondos, eles e elas trouxeron dos seus fogares contos e exemplares de consulta que foron a fonte de información principal e de análisis da nosa investigación.

Durante o proxecto déuselle moita imporntancia a exposición e oratoria que os nenos/as realizaron con cada un dos contos, obxectos, xogos,... que foron traendo. Este aspecto é esencial profundizar nel por diversos motivos: Potencia a estimulación da linguaxe, favorece a adquisición da autoestima, reforza a seguridade nun mesmo, crea clima de confianza e fainos sentir membros dun equipo/aula. 

Cada neno/a en asamblea, de xeito espontáneo explicáballe  o resto as súas pescudas. En ocasións precisaban a axuda do adulto xa que era demasiada a información.

mércores, 1 de decembro de 2021

Biblioteca de Familias

 Atención familias!

Actualizamos o noso catálogo de préstamo de libros da Biblioteca de Familias. Lembrade que podedes solicitar o préstamo a través do correo electrónico da escola. Animádevos!

Facede clic na imaxe para acceder ao documento:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...