Ademais de crecer
escoitando contos infantís, as crianzas que gozan da poesía desenvolven
importantes habilidades lingüísticas e cognitivas.
A poesía é estética, ritmo, creatividade, imaxinación e coñecemento.
Un poema é algo persoal e subxectivo; nunha persoa pode espertar unha emoción e noutra algo totalmente diferente. Seguramente, as nenas e os nenos escoiten recitar algúns versos e para elas e eles nun primeiro momento pode non ter un significado claro, pero o que si é seguro é que quedan con esa sonoridade.

“Papá, tía, avó...quero
que me leas máis, quero escoitar máis disto”. O obxectivo en Educación Infantil
é espertar o seu interese, que coñezan o seu atractivo para que queiran saber
máis.
Propóñovos que xoguedes en
familia a buscar unha ilustración, imaxe ou fotografía que represente o poema
ou un fragmento del.
Outra
proposta moi divertida podería ser xogar con elas e eles a escoller unha
estrofa do poema e recitala empregando diferentes emocións (contenta ou
contento, triste, enfadada ou enfadado…).
As estrofas que recitei pertencen o poema “Galiza” de Manuel María.
Galiza
docemente
está
ollando o mar:
ten
vales e montañas
e
terras pra labrar!
Galiza
é unha nai
velliña,
soñadora:
na
voz da gaita rise,
na
voz da gaita chora!
Galiza
é o que vemos:
a
terra, o mar, o vento…
Mais
hai outra Galiza
que
vai no sentimento!
Galiza
somos nós:
a
xente e mais a fala.
Se
buscas a Galiza
en
ti tes que atopala!
Ningún comentario:
Publicar un comentario