A variedade de alimentos que comemos, o aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a nosa vida no planeta, non existirían sen os servizos da Natureza.
Eventos recentes como os incendios forestais en Brasil, California e Australia, a invasión de lagostas no Corno de África e agora a pandemia do COVID-19, amosan a difícil relación entre os humanos e as nosas redes de vida. A natureza está a enviarnos unha mensaxe; para coidar das persoas, primeiro debemos coidar dela.
As actividades de conservación, coidado e respecto pola natureza, impregnan a nosa rutina escolar.
Despois do compromiso que adquirimos como comunidade educativa en reducir o uso de plástico, chegou a hora de reaccionar, de reconstruír mellor para as crianzas e o planeta. Chegou a Hora da Natureza.
Esta semana é o Día Mundial do Medio Ambiente e o equipo docente apostou por inventar unha historia que fala da reutilización e da reciclaxe.
Non é unha historia calquera, é a nosa historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario