Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de maio de 2012

Xogamos coas Letras Galegas

Este ano cúmprese o 50 aniversario do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, unha conmemoración iniciada en 1963 pola Real Academia Galega. Dende entón, ven homenaxeando a persoas importantes da nosa cultura dende Rosalía de Castro, que foi a primeira, ata Valentín Paz Andrade, o homenaxeado deste ano. Nós tamén queremos celebrar e a mellor maneira é xogando coa nosa lingua.

mércores, 18 de maio de 2011

17 DE MAIO, SEMPRE

Rosalía de Castro, Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Uxío Novoneyra, María Mariño, Frei Martín Sarmiento, Manuel Murguía, Martín Códax, Ánxel Fole, Rafael Dieste, Fermín Bouza-Brey, Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, Noriega Varela, Pondal..........
LOIS PEREIRO.


domingo, 8 de maio de 2011

CADA DÍA, UN ESCRITOR

Durante este mes de maio, mes da lingua, irémovos dando a coñecer a vida e a obra daqueles escritores que eliximos para encher o noso Xardín das palabras e non podiamos empezar con outro que non fose Rosalía.
Rosalía de Castro é a figura máis importante do Primeiro Renacemento galego. Naceu en Santiago de Compostela, en 1837, como froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela.
En 1856 Rosalía marcha a Madrid coa intención de se dedicar profesionalmente á escrita. Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller.
Rosalía e Murguía formaban parte da corrente federalista e republicana que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida. Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos, cuxa publicación, en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento.
Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela (Madrid e Simancas) e outras en Galiza (Lugo, Compostela, A Coruña, Padrón), onde ficará definitivamente na década dos 70.
A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid.
O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, non sen que antes deixara unha importantísima obra en español, poética (En las orillas del Sar) e narrativa (El primer loco, Ruinas, El caballero de las botas azules.
No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición. Os restos da nosa máis insigne escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

Agora, cabelos negros
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...