Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 24 de febreiro de 2013
UN POEMA PARA ROSALÍA!!!!!
O longo deste ano, para celebrar os 150 anos de “Cantares Galegos”, na biblioteca faremos pequenas actividades para coñecer a nosa escritora e a súa obra. Esta semana, e coa finalidade de acercar aos nenos e nenas ao seu sentir, fora de Galicia, inventei un poema que debatemos e representamos. Con este poema, falamos das diferentes maletas que todos levamos, a das nosas pertenzas materiais, a da memoria coas vivencias e lembranzas, e a do corazón coas ausencias,os amores e os sentires.
domingo, 8 de maio de 2011
CADA DÍA, UN ESCRITOR
Durante este mes de maio, mes da lingua, irémovos dando a coñecer a vida e a obra daqueles escritores que eliximos para encher o noso Xardín das palabras e non podiamos empezar con outro que non fose Rosalía.
Rosalía de Castro é a figura máis importante do Primeiro Renacemento galego. Naceu en Santiago de Compostela, en 1837, como froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela.
En 1856 Rosalía marcha a Madrid coa intención de se dedicar profesionalmente á escrita. Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller.
Rosalía e Murguía formaban parte da corrente federalista e republicana que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida. Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos, cuxa publicación, en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento.
Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela (Madrid e Simancas) e outras en Galiza (Lugo, Compostela, A Coruña, Padrón), onde ficará definitivamente na década dos 70.
A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid.
O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, non sen que antes deixara unha importantísima obra en español, poética (En las orillas del Sar) e narrativa (El primer loco, Ruinas, El caballero de las botas azules.
No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición. Os restos da nosa máis insigne escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.
Agora, cabelos negros
venres, 1 de abril de 2011
ROSAS NEGRAS
Ese buraco do inferno ao que os irmáns Trigo facían referencia no seu cómic calquer mariñeiro das Rías de Vigo ou Pontevedra sabe do seu paradeiro na illa de Ons e da súa perigosidade. Da illa de Ons vennos esta curiosa peza tradicional con ritmo de tango ao que no seu mais recente disco Mimá! o grupo "Fiandola" engadiulle a letra do poema de Rosalía de Castro "Castellanos de Castilla".
Rosas negras - Mimá! from fiandola on Vimeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
